As iras rompen silencios cando os crimes non se acordan
cando no espantallo dormen paxarons da desmemoria.
Por iso voulles contar levando cousa con cousa,
poñendo unha feble luz nun lugar de tanta sombra.
Era o ano trinta e seis, anos de sangue e afrontas,
mártires da libertade quedan tirados na foxa.
E en agosto, o dezasete, disparan armas traidoras
contra de xente inocente, …caeu Alexandre Bóveda.
Na Caeira, en Pontevedra, un mencer triste da historia,
…se rescatamo-los feitos, non deixaremos que volvan!
A guerra civil encheunos a memoria de foxas e o carazón de baleiros.
Foi unha victoria que non trouxo a paz, porque cómpre rompe-lo silencio,
recuperando esa, …a súa voz necesaria de cantos alí a perderon.
Eran da Frente Popular, anarquistas, republicanos, comunistas,
galeguistas, sindicalistas, socialistas, nacionalistas, ou insubmisos á rebelión,
ou inocentes inculpados polo dedo revirado
de delatores vengativos ou arribistas do novo mando…
Mais, …espigaron inxusticias glorificando os abusos, conformando a tiranía
para deixar todo oculto, tentando que o tempo borre o que o tempo ó fin descobre.
Ninguén a culpa hoxe asume. Os herdeiros da victoria van diante,
e van dicindo: ?que é botar máis leña ó lume?.
Mataron, martirizaron, escurecendo as auroras,
enchendo a terra de sangue, de medo, loito e derrota.
Os vencedores procuran impunes pechar as portas,
para negar a verdade, para anular a memoria.
Venceron e aínda seguen administrando a victoria,
aqueles que aínda hoxe queren facer a noite máis longa
perderon creto e razón pois na mentira se agochan.
Mártires son o guieiro e o pobo daralles gloria
a tantos que un día soñaron unha Galicia máis nosa.
Pioneiros da liberdade ¡serán lembrados con honra¡
Aquesta cançó, que sonarà probablement a l’entrar al bloc (si tot va bé), es una preciosa cançó del grup A Quenlla, un grup galegista i d’esquerres. La podeu escoltar al reproductor de la dreta.
Una cançó molt emotiva que reivindica totes les veus callades per la guerra civil espanyola, que ara tornen a alçar-se, i ho fan amb més força que mai. Per que els assassinats i les injustícies no poden quedar en silenci, volem una llei de memòria històrica que condemne a tots els feixistes que s’alçaren contra la república.